jueves, 14 de octubre de 2010

O Morañas

O outro día chamabavos a atención o meu nome no blog. Ante a pregunta contestei "E que o Morañas era o meu abuelo".
O meu abuelo chamabase Manolo pero todos chamábanlle "o Morañas". É curioso como son as lembranzas. Eu o recordo que teño del, é de como era cando eu era nena, e por aquel entón, era alto e forte, levaba sempre unha boina negra e un caxato na man. E eu queríao sen esforzo. Seméllame imposible que puidera ser doutro modo, quizais tan só devolvíalle un pouco do moito que el me quería.
O meu abuelo tivo cinco fillos pero o que herdou o alcume foi o mais pequeno, o meu tío Paco. Del aprendín o importante que son os amigos e vivir a vida, porque se algo facía era disfrutar cada minuto. Gustaballe reunirse no bar, beber, cantar e queimar os cartos coma el dicía. A vida non foi xusta con alguén que a disfrutaba tanto. Cando morreu, eu dicía que iso aínda me daba mais ganas de consumir a vida, mentras tuveramos tempo. Pero el nunca habitará no olvido. Todos lembran ao Morañas, entroideiro e boa xente.
Agora o Morañas é  o meu irmán Genaro. Herdou o alcume dun xeito natural, como se lle pertencera de seu, e nun pobo coma o meu, caracterizado polo orgullo da raza, do Entroido e de ser peliqueiro, creo que non podía haber ninguén mellor. El entende o que realmente significa, sabe que os alcumes son aínda mais importantes que os nomes. Os nomes dannolos os nosos pais pero os alcumes veñen do pasado, da historia dos nosos. Para min é un orgullo ser a neta do Morañas, a filla da Benitiña e que algún día os meus fillos entendan de quen son e porque é tan importante sentirse e ser un Morañas.

No hay comentarios: