miércoles, 30 de marzo de 2011

Entrenando para ser feliz

O luns ía eu nas berzas pensando en como organizar o fin de semana para coñecer ao novo membro da familia e en que podía facer que fora único, algo que lles quedara na memoria para sempre, como si non fora suficiente con que Martina aparecera no mundo, cando choquei cun coche que freou de súpeto. Bueno igual non foi de súpeto, menos mal que íamos a paso pulga e o outro coche non tivo nada. O meu tivo 414 € ou iso me dixeron porque ata hoxe non mo dan. Eu pensei que non era nada pero polo visto a miña nada saíume un pouco cara. Doeme tanto gastar os cartos no taller que o principio andaba todo o día con iso na cabeza, como si fora unha gran traxedia non poder mercar cousas este mes, cousas que non necesito e sabendo que na casa todos temos un montón de cousas sen estrear esperando a que volte o sol. A verdade é que son materialista, sempre digo que non quero que me toque un montón de cartos na lotería porque non quero que a miña vida (coa que realmente estou contenta) cambie e definitivamente os cartos cambian a xente. Non quero cambiar de sitio onde vivir, nin alonxarme dos meus amigos, nin que os meus fillos teñan todos os caprichos e se volten mais consentidos do que xa son...pero uns cantos millóns (de pesetas, claro), non estarían nada mal. Faría un viaxe, cancelaría a hipoteca, poría algo a prazo fixo para os estudos dos nenos, daríalle uns regaliños a familia e organizaría unha festa de cumpleanos por todo o alto, alugaría un local e sería tipo Mamma Mía....non serían necesarios retoques dixitais, todos con pelucas afro e pantalóns de campana. Estaría xenial, todos reunidos so para desfrutar dunhas risas. Soños por favor......................
Nese sentido encantame a miña filla, é u pouco pijilla pero é tan feliz que me namoro dela cada vez que me dí as súas toladas ou me bica ou se acurruca onda min. Saíume artista, gustalle pintar, bailar, cantar e é extremadamente sensible. Está facendo todo o que eu quixera ter feito de nena. Absorbe todo o mundo arredor como se fora unha esponxa desexante de saber. É tan inquieta que ata a mín me cansa, pero o mesmo tempo faime gracia. Eu entreno para ser feliz pero a ela saelle todo de xeito natural, tal como debía ser para todos os nenos. Aínda que coido que aparte das circunstancias, do lugar do mundo no que nos toca vivir, da familia, moita da súa predisposición para ser feliz brota da súa natureza, do mundo que ela soña e que para ela é o real, un mundo de música e pintura, un mundo onde todos son felices e o único importante é a beleza e os amigos. A miña Sara é como a nai de Facundo Cabral  "cando estaba por aprender viña a felicidade é a distraía". Sei que a felicidade construímola nos mesmos, e non quero que dependa de ninguén pero hoxe en día a miña felicidade ten moito que ver cos meus fillos e grazas a eles, non necesito outro tipo de vida, teño a que quero. E certo que non sempre, pero son muller e as mulleres nacemos para darlle voltas á cabeza e pensar en miles de cousas á vez, non todas poden ser boas, ¿non?

No hay comentarios: