viernes, 18 de marzo de 2011

Neva en Xapón

Onte cando cheguei a casa non tiña luz. Subín polas escaleiras, abrín a porta e me puxen a facer a comida como se tal cousa. Pelei as patacas, corteinas, puxen a tixola ó lume e tras 1 minuto decateime que non ía. Pensei no idiota que era, claro, non había luz. Abrín a nevera e estaba apagada, pero collín un pouco de queixo e xamón e fixenme un bocadillo.
Pensei que se non viña a luz, estragaríase a comida, que os meus fillos non poderían ver un pouco a tele (o que por outro lado non lles viña mal), non se podería cociñar, nin lavar a roupa, nin secar o pelo... Semella que hoxe sen electricidade non podemos facer nada. E pensei en Xapón, como pode ser a vida cando o perdes todo. Coido que nestes momentos nas súas mentes cheas da dor polos seres perdidos e da incertidumbre da alarma nuclear, non están para pensar que non teñen luz, que non teñen alimentos, que moitos nin siquera teñen un teito para resgardarse.
Como fastidia ter que saír cando chove ou fai frío, e como se agradece chegar a casa e ter a calefacción. Vexo como en Xapón os equipos de emerxencía traballan baixo a neve, para recuperar corpos e tentar que algún aínda teña vida. Non poido deixar de sentir mágoa pola súa dor contida, din que é froito da educación e que sinten o dor hacia dentro, pero se me antolla imposible que nun corpo poida caber tanta dor. As imaxes devolvíanme unha muller que buscaba ao seu fillo entre escombros e non quería dar o seu nome, como se o facelo perdera a oportunidade de volvelo ver.
E en Xapón segue a nevar, coma se o noso mundo seguese a se derrubar. A crise global, o conflicto dos países árabes, todo parece lonxe...unha potencia mundial, un país rico estaba tamén tocado pola desgracia. Os xaponeses xa recompuxeron o seu país unha vez, tralas bombas nucleais na Segunda Guerra Mundial, pero ahora é a natureza a que lles ataca, como se hoxe en día, non todo fora culpa nosa, como se as plagas continuasen nun mundo onde todo parece saír mal.
Pero a esencia, o que nos permite remontar, o que realmente importa e que algún día o sol saíra e non nevará mais en Xapón. O seu pasado lles permitirá estar orgullosos de que xa no seu día recompuxeron un pobo roto, lembrarán a todos os que se inmolaron tentando parar o desastre, os 50 que sabían que as súas vidas comprometíanse coa súa loita por enfriar os reactores. Supoño que os xaponeses non teñen tempo para pensar niso, pensarán so en detelo sexa como sexa, para que moitos poidan ter un futuro, aínda que non sexan eles.
Nos queda a esperanza de que o consigan. Despois un pobo roto, unhas familias destrozadas, un país en ruinas, xente enferma, a crise económica que se agrabara tamén para nós... O noso mundo global chora hoxe por Xapón.

No hay comentarios: