lunes, 2 de abril de 2012

MENTRAS EU ESTEA


Mentres eu estea
non habitarás no olvido, non haberá silencio.
O ruxido do noso mar
atronará como chocos nunha noite de Entroido,
e as lembranzas das risas botadas,
dos corpos cansos por ter sido,
salpicarannos, e coa súa humidade
espantarei esta atroz mágoa por tertes ido.

As veces sairá o sol á mañá ben cedo
e suspendido na súa calor
semellará que poderei tocarte,
escoitarei coma co vento chega
o son da túa voz
e non estarás máis ausente.

Soñarei que non haberá máis noites
que as plenas,
aquelas cálidas do verán
cando andabamos á busca de soños,
loitando polos días que aínda non sabiamos que escapaban.
E alí, nos ríos de cando nenos,
a fría auga das cascadas murmurara
o teu nome e volverás ser.

Alimentado polo miñas lembranzas
serás de novo mar
batendo contra o meu corazón,
serás  risa que brota a barballadas.
E serei de novo un ser completo
no medio deste universo que cala,
que parece non querer ver 
o negro silencio sen a túa voz,
a miña pena infinita polo teu abandono.



No hay comentarios: